jueves, 5 de febrero de 2009

PLANO DA ACTIVIDADE (1º B./3 sesións)


O MITO DE PIGMALIÓN
Na mitoloxía grega había un Pigmalión, que era rei de Chipre e magnífico escultor.
Namourouse dunha escultura (que ben puidera ser da súa feitura e chamada Galatea) que representaba a unha muller moi fermosa. Movido por aquela paixón, pediulle a Afrodita co gallo dun festexo, unha muller coma a estatua (aínda que pensou só na estatua). Cun prodixio a deusa deixa ver que que a suprica lle fora grata, e, ao chegar Pigmalión á casa, a escultura avivece. Dise que casou con ela e tivo descendencia.
1.- Lectura da recreación literaria sobre o mito en :
Ovidio: Metamorfoseon, X, 238-295
(O alumnado contará cun texto bilingüe coa tradución facilitada por min)

a. Identifica aos personaxes intervintes no mito.
b. Que metamorfose se produce neste fragmento do poeta romano?
2.- Consulta da información sobre a peza teatral homónima de Bernard Shaw en:

c. Cales son os protagonistas desta obra teatral?

3.- Visionado da longametraxe Pigmalión (1939), baseada na obra de B. Shaw.
Velaí uns videos ilustrativos:
Pygmalion:The Reason
NA PRIMEIRA PARTE DO FILME
NO FINAL: PIGMALIÓN

d. Elaboración dunha breve sinopse.
e. Selección de paralelismos e diferenzas coa lenda antiga (2 máximo).
f. Cita de tres momentos nos que se advirta a progresión na relación entre o profesor e a florista.
g. Vista a película, caben dúas interpretacións do final, das que se defenderá unha:
1-Posible exercicio de misoxinia, pois a muller resultante non atopará recoñecemento namais que no seu creador?
2-Decisión libre dunha muller á altura do seu mentor, para quen se fixo imprescindible?
4.- h.- Descrición do efecto Pigmalión” que aparece nos tratados de psico-pedagoxía, a partir da páxina correspondente.

AS MIÑAS LECTURAS

  • Robin Waterfield: La retirada de Jenofonte (Editorial Gredos)